4/5/17

Ludi Compostellani MMXVII

Onte estivemos na Facultade de Filoloxía de Santiago, con motivo da segunda edición dos Ludi Compostellani, organizados por SEECGalicia.

Tivemos a sorte de poder participar na xincana mitolóxica e nos obradoiros de Ciencia, Hoplitas e escritura, e quedamos con gañas de coñecer os de cociña, moda e taboíñas micénicas.

Dende aquí queremos agradecer á organización o seu traballo e felicitalos polo resultado.

Esperamos xa a nova edición desta actividade, con máis obradoiros e máis prazas, xa que este ano quedaron esgotadas aos poucos días.

2 comentarios:

Susana Losada dijo...

Grazas, Álvaro, por este estupendo vídeo! A ver se o ano que vén te podemos "contratar" como reporteiro

Ana Suárez Piñeiro dijo...

Grazas a vós por participar, tanto alumnado coma profesorado, para aprender xogando.