Este ano teremos de novo 6 sedes: Valencia-Castellón-Alacant, Catalunya, Aragón, Valladolid e Galicia. O tema elixido nesta edición é O teatro en Grecia e Roma.
Dende o MGB temos inscritos os seguintes equipos:
4º de ESO:
- ATENEA
- TARPEIA
- AS SABINAS
- VICTORIUM
- NIKE
- CEREBRUS ILUMINATUS
- DEMÉTER E PERSÉFONE
- INVICTUS
- FIAT LUX
- LATIN QUEENS
- CAVE ALVARUM
Este ano, grazas ao conseguido polo proxecto Dives Gallaecia, os premios que outorgaremos aos 3 primeiros clasificados do MGB serán algo mellores que os do ano pasado: un cheque-regalo de 90€ para o 1º, 60€ para o 2º e 30€ para o 3º.
E ademais, ao rematar as clases desa mañá, reunirémonos na cafetería do Centro a degustar uns solemnes pinchos. Esperamos contar coa compaña dos exalumn@s que participaron no proxecto en anos anteriores. Os postres corren pola nósa conta. Eu contribuirei cunha receita de garum (falso!).
No hay comentarios:
Publicar un comentario